As primerias palabras

Podedes deixar as vosas palabras mediante estas canles:

Facebook de Eu Son de Rus, mediante privado ou no taboleiro.

No noso correo eusonderus@yahoo.es

E deixando un comentario nesta páxina.

lunes, 22 de noviembre de 2010

DICIONARIO: Do A o Z

A

Aduanadas: Falcatruadas, trasnadas.

Aghocho: Sitio para esconderse. Tanto unha persoa como un animal.

Ajuardar:  Agardar

Alcalde: Chámaselle así a persoa dunha aldea que ten certga influenza ou "enchufe" no Concello, e que en certa medida leva el os problemas e asuntos desa aldea. É para deixalo claro, un cacique. Alcalde de barrio, teniente de alcalde...

Alzombras: Alfombras.

A amoto: Característica de toda Galicia.O seu plural sería  As amotos.

Andalias: Sandalia.
Andar adovecido: Andar apurado.

Andar o mel: Usada polos maiores, quere dicir andar de carallada.

Anque: Aunque.

Antiojos: Anteollos,gafas. Antiojos de larga vista: Prismáticos.

Apretador: Prenda interior feminina.Sostèn, suxetador.

Arradio: Outra palabra moi usada por todo o territorio. Plural: as arradios.

Arredemo!: Expresión sen significado expecífico. Arrediola!

Arró: Camiño estreito de paso, só para persoas, entre dúas, ou máis, leiras.

Arcol: Substancia para desinfectar as feridas. Alcol.

Arcolito: Tamén chamado Eucapilto pero pouco coñecido por este nome.

Arredondas: Tamén chamadas rotondas.

Escultar ou esculturar: Oscultar.

Auga da traída: Auga que comparte os veciños dun mesmo depósito de auga e que da servizo directamente ás casas.

Auralita: Uralita. Tamén euralita.

Azanicar: Sacidir, abanear. Tamén pegar.
B

Balde: Recipiente máis anche e menos alto que un caldeiro*.

Baixar á estrella : Sair de marcha por Carballo. A "calle da estrella" é a rúa principal da movida en Carballo os venres.

 Baile da volta da misa: Sesión vernuth.

Bater con fulanit@: encontrarse con alguén.
Parece ser que só se escoita pola zona de Rus.

Bico: Beizos.

Boliche: Botella onde viñan as primeiras gasosas que tiñan unha bola no interior que ca presión do gas subía e actuaba como tapón.

Bormos:  Mocos. Bormelos. Velas.

Broa: Pan de millo. Noutros sitios, boroa, brona...

C

Cabás: Lugar onde se garda o millo.Hórreo.

Cacharozo: Caseto do can.

Cachopo: Anaco de árbore grande. Torada grande e boa.

Cadullos: Reghos do extremo dunha leira. Tamén resto dos talos dunha pranta que queda nunha leira, ven sexa de millo, berzas...

Caganetas: Persoa(neno) que ten medo. Caguetas, cagainas, cagón.

Califacion: Calefaccion
Canteirolo ou cantarolo: Pedra grande e pesada.

Cainzo:  Especie de grade. Apeiro de labranza para achanzar a terra cando se sementa o trigo.

Cajo no Ghlorio: Expresión de impotencia, rabia, frustración...

Cajo no Caime: A tradución de Caime é Carmen. Ver cajo no ghlorio.

Caldeiro: Cubo.

Calpita: Bus urbano da Cruña.Era o que cubria a ruta até o Canalejo. "colles o trol hasta Cruña e alí o calpita lévate o Canalejo".

Caravillón: Peza xeralmente de ferro alongada que encaixa noutra un furado, e serve para pechar as portas ou contras.

Carocha: Costra que sae cando unha ferida está curando.

Carolo: Chámaselle así as noces. Somos das poucas zonas de Galicia onde usamos esta palabra para referirnos as noces. Tamén carola: un carolo grande. Árbore: caroleira.
Diría máis, que só nas aldeas de Ardaña-Rus-Entrecruces xa que moita xente de Carballo descoñece esta palabra.
Asociado a escola, dise que alguén ten un carolo cando ten un cero nun exame.

Carrada: Morea.

Carreiro: Camiño estreito polo medio das agras pa atallar. Tamén raia do pelo.

Cas: Acrónimo de casa.*mirar frases feitas.

Cerrar o Galicia: É unha expresión moi usada polos mozos e mozas. Cando din imos cerrar o galicia están dicindo que vai sair de festa até non aguantar de pé ou estar de troula até moi tarde. O Galicia é un bar que está aberto as 24 horas do día e os 365 días do ano, polo que é imposible pechalo.

Chaveco: Rapás* revoltoso.

Chinero: Moble para gardar a louza*.

Chintófano: Demoninación habitual de calquera aparello, sobre todo dos raros ou modernos.

Chismes: Palabra comodín para designar calquer obxeto. Tamén ás bebidas alcólicas. E como se piden as consumicións na taberna."Ponnos uns chismes e cobrame esta volta" ou "Rompeu o chisme de subir a escampadora"= rompui o elevador...

Choio: Traballo

Chotas: Personaxe, persoa que lle gusta dar a nota.

Chousa: Monte onde abundan as fieitas*.

Coche de línea: Nas parroquias de Ardaña, Rus e Entrecruces, chámaselle así o outobús que cubre a línea Carballo-Santiago. Outra formas de autobús son, ónibus* e trol*.

Cociña de ferro: Cociña de leña, económica.

Comechón: Picor intenso no corpo.

Conetas: Cunetas.

Croio: Pedra grande.


Cruña, A: Cidade que leva o mesmo nome que unha das provincias galegas. Coruña.

Crustanco: Vila lindeira co concello de Carballo moi coñecida polas súas patacas, das cales unhamoi grande parte de prantan en Rus. Coristanco.

Cocho(con "o" pechado): Caseto onde dorme o can.

Couso: Seguramente sexa a palabra máis usado nesta zona. Emprégase para referirnos a calquera obxeto, planta, bicho ou cousa.

Cucho/a: Fillo da vaca, tamén se di becerro, pero o máis usado é cucho/a.

Cucha*(2): O seu nome científico é Asphodelus lusitanicus, é unha planta moi abundante nos nosos montes. O seu froito son as Boghas. Ver: Tiraboghas.
É curioso esta palabra. Dentro da parroquia de Rus díse de dúas mameiras. No lugar de Barís son cuchas, en feminino, e un quilómetro máis andiante, na Canosa, dise cuchos en masculino.

Culleita: Separacion entre dous terreos, utilizase en frases como: deixar libre a culleita.

Cusquillas: Cóxegas.

D

Dar un "giro": Dar unha volta

Dar un voltio: Paser, dar unha volta.

Deixar a lexítima:  Deixarlle a un herdeiro o mínimo dunha herdanza.

Dende co mundo é mundo:  Dende sempre.

Despachar: Atender. Emprégase tanto facendo referencia a un supermercado ou farmacia, como a un vitrinario* que foi atender unhas vacas.

Depositorios: Dupositorios. Pastillas po cu.

Doblar: Cando unha persoa bebiu mñais da conta dise que doblou.

Droghado: Persoa con problemas de grodas.

E

Encher: Emborracharse.

Enchoupado: Mollado.

Endrojado: Rapás* que leva jreñas*, pindientes*, piercing...Tamén se di droghadito. En ningún caso se refiren a persoas con problemas de drogas.

Enjroda: Tempo despois de parir, no que a muller garda repuoso. As veces a enjroda vai "acompañada" dunha sopa de jraxa de jaliña.

Ensapado: Equivalente a "criado de mala fada": Pode significar: mal coidado.

Entullar: Facer un recheo de terra.

Enzoufado: Ter os fuciños e a cara manchados unha persoa.

Escola de pago: Escola privada.

Escuelas: A fulanito quedáronlle escuelas despois do acidente. (Explicado queda)

Espaquetes: Tipo de pasta alongada e fina. Spaguettis.

Estalar: Úsase para dicir dunha persoa que bebiu moito (alcol) e que está para caer, que vai votar todo fóra, que vai estoupar. Ex: Pepe estalou na verbena.
Sinónimos: encher, votar por fóra, doblar.

Estar algo na punta da peniqueira ou piniqueira: En Rus e Ardaña usan esta expresión para referirse a algo que está moi lonxe. A piniqueira, ou peniqueira como é o correcto, é o monte máis alto de Rus con algo máis de 300 metros e unha extensión que abrangue as parroquias de Ardaña, Rus e Sofán. Véxase tamén: Estar na casa da collona.

Estar na casa da collona: Estar lonxe.

F

Falar: Dicían, e din, os máis vellos cando dúas persoas están saíndo xuntos. Mocear. O noso Carlos fálase ca filla de fulanito.

Fandanga: Vulgarmente unha parte feminina.

Fender: Partir a leña.
Usase tamén na expresión: "Vouche fender a cabeza" que significa "vouche abrir a cabeza".

Fieita:  Planta vascular agrupada na división Pteridophyta que non producen semente, reprodúcense por esporas. Están formados por un rizoma carnoso e follas grandes ás veces moi divididas. Abundante nos montes onde hai carballos. Fento.

Forquilla: Apeiro de labranza que serve para cargar, recoller a herba...Componse dun mango longo que acaba con tres puntas afiadas de ferra chamados ghallos*.
.
Freba: Carne do porco.

Freixó: Comida doce feita o base de fariña, sal, auga, ovos e azucre, feita tixola.

Friu: Frío.

Fundillo: Prenda de roupa interior de muller,noutras zonas chámaselle convinaciòn.

Funghalla: Anaco moi pequeno de pan. Miagha.

G

Galleta: (Ghalleta): Apeiro de labranza semellante a forquilla que, ademáis dos tres ghallos*, ten outro curvo pola parte superior.

Ghallos: Pezas alongadas e afiadas que serven para cravar. Tamén se lle chama a un pau* ou calquera cousa que ten a punta afiada e sobresae da algún sitio.
Ghavillo: Fouciño, algo máis pequeno e estreito.

Ghandallada: Cousa inútil, que non serve para nada.

Ghandra: Conxunto de terreos humidos.


H

Herbal: Terreo bastante húmido.

Hipi: Calquera con pinta de malo.
Hoxe é "cierre": Dicimos isto para referirmos o domingo do mes que non hai feira en Carballo. Temén se soe dicír: Hoxe é Peisaco(Paiosaco), xa que as dúas localidades alternan as súas feiras.
Feira en Carballo son: 2º,4º e 5º domingos de mes, ademáis de todos os xoves.

Hoxe é feirón: Referímonos así o 5º domingo do mes, cando o leva. Polo día que se celebra a feira en Carballo.

I

Ir na vira do medio: Esta expresión ten moitas variantes e significa ir moi apurado. Ir na vira da volta, ir na fura do medio, ir na fura da'diante...

Ir na fura do medio: Ter moito apuro.

Ir pola general ou sair a general: Nome que se lle dá a estrada Carballo-Santiago. Ver Vivir na recta.
Ir pola recta: Ir pola tramo da estrada Carballo-Santiago que vai dende Ardaña a Entrecruces pasando por Rus.


Irse a fase: Isto dise cando falla a electricidade ou a lus*.
J( j non existe en galego "gh")

Japoneses: Froito do japoneseiro. Especie de cirola, redondeado e de cor amarela de sabor moi doce.Moi abundante destas zonas, é raro que ningunha casa teña unha árbore destas.

Jarnacha: Bebida refrescante, tipo gaseosa aínda que tamén se usa para referirse as de limón ou laranxa.
"Jicholo": A diferenza de outras zonas como Vigo que se usa Jicho para referirnos a unha persoa como aquí paisano, nos Jicholo usámolo de forma despectiva e de desprezo cara unha persoa. Sin: moinante.

Joio: ou joiro dependendo lo lugar.Piscina natural que se forma nun río, e que ten certa profundidade.

Jorjoleos: Gárgaras.

Jrenlla(grenlla): Canle artificial ou non que vai a un muiño de auga. Regato que leva a un muiño.

Jreñas: Melenas.

L

Laberca: Muller lixeira, pendón, lurpia, lercha*.

Lamagachima ou lagachima: Babosa.

Leira: Terreo de cultivo.

Lercha: Refírese a unha muller que lle gusta saber da vida dos demáis para ir contándoa por aí, sobre todo na misa (que é onde normalmente se xunta a xente para poñer a parir a toda a aldea).

Levar a mellora: Cando un fillo leva máis que outro na herdanza ou partixa.

Levar unha RC: levar unha saia a ras da cona. Variante, levar unha MRC: levala moi a ras...

Lilo: Xoguete, usan moito esta palabra as avoas.

Louza: Vaixela. Tamén mestura de fieita( e toxos) que se usa para facerlle a "cama" os cochos.

Limueiro: Árbore que dá limóns.

Lumbrighas: Lombrices ou algo parecido.

Lus: Luz.

M

Mando: Unidade de medida moi variable dependendo da xente que a empregue. Corresponde a cantidade materia que pode levase nun só brazo dunha vez. Vaite por un mando de leña.

Mesa: Separación que queda entre os reghos ao plantar as patacas.

Miagha:  Un pouco, unha cantidade pequena de algo(sólido).

Migho/a ou mighiño/a: Diminutivo de amigo. Sóese usar cando chamámos a alguén con malicia ou non lle queremos moi ben e queremos que veña a xunto nosa.

Moinante: Palabra estrela da xente de Carballo. Úsase para referirmos a persoas, tanto de forma despectiva como de sinónimo de persoa. Tamén ten significados como: maleante, vago...

 Morno: Non moi quente, temperado.

N

Nespra: Avespa.

Nicho: Chalet adosado onde se enterran aos mortos. Panteòn.

Niniño/a: Diminutivo cariñoso de neno/a. Noutras zonas de Galicia meniño/a nas Rias Baixas ou miniño.

O

Odega: presa de palla pa atar os moños de trigo.

Ónibus: Refírese só os autobuses destinados a cubrir enterros e funerais.

Oíu: Expresión de cortesía e respecto cando estamos falando con xente moi maior. Pódese utilizar o comezo ou o final dunha frase.
Cando vai o final dunha frase significaría algo así como "entende" por exemplo: quédalle a zamara enriba da silla, oíu. Cando vai o principio da frase é unha forma de chamar atención da persoa a que nos estamos dirixindo: Oíu, non esqueza a zamarra

P

Palancana: Palangana.

Pallote: Cabanote, alpendre ou a nosa variante: alprende.

Parte: Noticias da talavisión*.

Patelo: Freixó.

Patuxar: Ensuciar un lugar que estaba limpo cos pés.

Pau. Anaco de madeira.

Peisano/a: Forma coloquial de referirnos a unha persoa. Paisano.

Pendangha ou pendanca: Forma pexorativa de referirse a unha muller.

Pesco/a: Persoa que vende o pescado fresco polas casas. Tamén persoa da localidade veciña de Malpica.

Petón: Pico máis alto.

Pexicola: Bebida refrescante a base de cola. Pixicola.

Pilón: Sitio para lavar. Lavadeiro. Tamén se lle chama rio de lavar.

Pindiente: Pendiente.

Pintar  o caneco: Facer tonterias.

Pina: Froito do piñeiro, aquí chamado pino.

Pisca: Cantidade de algo que colle entre o dedo gorde o o índice dunha man.

Pista: Estrada secundaria.

Prender. Encender. O lume,o coche, a chave da lus, a talavisión...

Prexiglas: Bolsa para levar a compra.

Pro: Pero

Pucho: Sombreiro.

Pulmoeira:: Enfermidade que teñen as vacas no ubre despois de parir.

Q

Queimar as patacas: Dise cando as ramas das patacas non secan polo seu proceso natural e se recorre o uso de sulfatos para conseguilo, que por certo é unha práctica que se debería erradicar.

Quica= Galiña utilizada para chocar* os ovos. Especie de galiña máis pequena.mas.Quicos.
Q'ai!: Non sei como escribir esta palabra. É a contracción de que+hai. Que hai!

R

Rabecho: Pelo largo que deixan os rapaces de agora por atrás e que sobresae do demáis.

Rachas: Anaco de leña que queda o fender un toro ou torada. Noutros sitios de Galicia son hachas.

Rabizas: Navizas.

Rapás: Rapaz.

Rapazote/a: Neno ou nena duns 14-15 anos.

Regacho: Pequena corrente de auga, xeralmente que cruzaa por unha leira ou braña.Regato.

Revoltosa: Bebida gaseosa que viña nunha botella de cristal.


Rinle: Especie de óso branco que ten a carne e que le pode comer. Por exemplo teña a peituga do polo.

Rixóns: Freba* de porco prensada.

Riu: Corrente de auga. Rio.

Romper a auga: Dise nas casa quedan sen auga(da traída*) porque rompeu unha tuberia no percorrido do pozo a casa.

Roscas: Galletas.
S

Salir dando os nervios: Sair con vida.

Soma: Elevación ou altura dos regos ao plantar as patacas.
T

Tabardillo: Dárlle un tabardillo a alguén. Loquear ou facer algo extrano ou raro nun momento determinado.

Talavisión: Televisión.

Teleclú: Local social. Así chamado en Rus.

Teléfano ou taléfano: Aparello para recibir e facer chamadas. Tamén se lle chama teléfono.

Tíralle do ghas: Custa moito traballo.

Tiraboghas: ou escopeta de bieiteiro. Xoguete tradicional feito con madeira de bieiteiro. Consta de dúas pezas cilíndrica, unha oca, que encaixan entre elas. Serve para tirar as boghas(ver definición) a modo de munición. Usabano os nenos como xoguete, pero a verdade é que se che daba, doía de carallo.

Tomar un vaso: Ir tomar algo, ir beber algo. Tamén ir tomar un piscolapis.

Tornar: Espantar.

Tras u...: detrás do ou detrá de.Ex: Tras u tractor.

Tremar: Aguantar, agarrar. O vaso non se trema de pé/ O....non se aguanta....

Trompo:  Xoguete composto dunha peza de madeira arredondeada ou abombada cunha punta de ferro a cal se fai xirar cunha corda. Sin: Peonza.

Trocho: Persoa desagradable e antipática.

Trol: Autobús que fai a ruta Carballo-Coruña, ou aqueles que veñen da Coruña. Chámeselle así por aqueles trolebuses que cubrian dita ruta. Tamén trole.
U

Untamento: Casa consistorial, concello.
V

Velorio: Velatorio.

Viciño: Veciño.

Vira-vira: Por exemplo: vir nun vira -vira. Significa vir rápido, volver axiña.

Vitrinario: Veterinario.

Vivir na recta: Vivir a carón desta estrada.
X

Xabucar: Sacudir (líquidos)
Xiada: Xeada.


Xirimolo: Raiz que nace das patacas cando van vellas.

Xurro: Zurro.

Z

Zamarra: Chaqueta de lana moi gorda e abrigada, cuns botón tamén moi grandes.

Zinc: Recipiente deste mesmo material. Usábase, agora case nada, para levar ao rio a roupa e as tripas do porco, na matanza, a lavar.

Zoupar: Votar un "foguete".


Frases facidas

1."Eee..de qué manará?" :esto era cando non se lle ve xeito a cousa.


2."Estar con todolos dreitos":estar nun traballo con todas as da lei.


3."Moitas e boas":frase típica de cando se ven de apañar as patacas e nos atopamos cun viciño que quere saber.


4. "Cas quen ves?" : de casa de quen ves?


5."Cagando virutas": Axiña, rápido.

6."Es máis repunante ca merda das galiñas": ser pesado.

7."Levaba un viaxe a carga": alcanzar a máxima capacidade.

8."Lambiute a cucha?" : Ir moi ben peinadiño.

9."Pa campar arrabear": Cando queres presumir de algo e o levas posto aínda que che faga dano.

10."Diolo juberne amén decía a brasa"

11."Ten máis ollos cunha pataca fina": Dise cando unha persoa ten a capacidade de estar ou ver todo (recordar que as patacas finas teñen moitos ollos) Soe utilizarse polos rapaces cando fan algunha falcatruada e as náis sempre se dan de conta, porque as nais sempre o saben e ven todo.

12."Ter unha mona encima": Ter un catarrazo dos bos.

13."Tas e!!": Estás eh!!

14."Ir derrador de San vicente": dar a volta o santo da igrexa de Ardaña rezando para sacar "a sombra", din os mais maiores.

2 comentarios:

  1. Boas!

    -"Pro": En lugar de "pero"

    -"Ensapado",equivalente a "criado de mala fada": A traducción non a teño moi clara, quizais ¿mal coidado?

    -"Ruada": antigo festexo que facía a mocidade, con pandeiretas e baile, pola "fía", a "tasca" a "esfolla"...

    Non son actuais, pero...

    ResponderEliminar
  2. Curiosidades sempre interesantes. Son do sur de Galicia, na Serra do Xurés. A maioría das palabras que apuntas son idénticas na miña terra. Moitas son as normais no galego ben falado e normativo ou mesmo do portugués culto e normativo, como "amoto". Tamén as hai que son puro castelán.

    ResponderEliminar